Título da intervención: Representar un mundo diverso desde a escrita.
Relatora: Eva Mejuto, escritora e doutora en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela.
Resumo/Abstract:
Na intervención, a autora falará do proceso creativo da súa escrita, da presenza da realidade LGBTIQA+ nas súas obras tanto na trama como na creación de personaxes, contextos, voces narrativas e nas ilustracións. Fará un percorrido polas súas obras:
22 segundos, Xerais, 2017
Memoria do Silencio. Xerais, 2018
Neko. Obradoiro, 2021
Cando leo, con Bea Gregores. Xerais, 2022
A ladroa da biblioteca do Pazo de Meirás. Xerais, 2022
Memoria Diversa. Deputación da Coruña, 2022
Título da intervención: En voz propia
Relatora: María Reimóndez, escritora, activista e doutora en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo
Resumo/Abstract:
Dende sempre considero que as autoras debemos falar a través dos nosos textos, que estes deben formar parte do tecido (xénero) común que constrúe comunidades e como tales seren fonte de debate, de emocións, de vivencias. Porén, de cando en vez, ábrense espazos para falar sobre os propios textos e a experiencia da escrita, algo que só ten sentido cando é relevante para o colectivo. Esa será a óptica dende a cal presentarei o meu traballo como autora que transita varias interseccións sempre dende a ollada complexa dos feminismos.