Andrea Nunes Brións, vinculou desde os seus comezos a actividade poética ao activismo feminista. Corrente de esquecemento (2007) foi o primeiro dos seus libros, editado por Aturuxo, (Federación de Asociacións LGBTQ). Os seus versos, foron publicados en numerosas revistas, xornais e libros colectivos. O seu segundo libro Todas as mulleres que fun (2011) foi finalista nos premios AELG, constrúe un contradiscurso antipatriarcal que se insire nunha rede de pensamento crítico.
Escribe o seu último libro, conxuntamente con María Rosendo, Diáspora do amor balea gañando o XII premio de poesía erótica Illas Sisargas no 2017. Coordina, xunto con Anxela Lema, o volume: Tecermos redes, crearmos comunidade, Estudos sobe a obra de María Reimóndez (Xerais, 2020). Fai parte da obra colectiva Nós, xs inadaptadxs. Representações, desejos e histórias LGBTIQ na Galiza (Através Editora, 2020)
Pertence ao colectivo As Candongas do Quirombo e á plataforma de crítica literaria feminista A Sega.
Foi profesora en diferentes universidades en China e Italia e Galiza, coordinadora en obradoiros de escritura creativa na ONCE, deu obradoiros sobre diversidade e inclusividade en diferentes centros educativos e actualmente é profesora no ensino secundario en Santiago de Compostela.
Segue apaixonándose polo poético e o colectivo. Activista transfeminista, pola diversidade sexual e corporal, é cada vez mais consciente dos seus privilexios como persoa cis, euro-branca e continúa descolonizando o seu pensamento e as súas relacións.