
Relatora: Mercedes Sánchez Saínz profesora da Facultade de Educación-Centro de Formación do Profesorado da Universidade Complutense de Madrid.
Palabras Clave / Keywords:
PEDAGOXÍAS QUEER, DIVERSIDADES SEXO-XENÉRICAS NO ÁMBITO EDUCATIVO, EQUIDADE E XUSTIZA EDUCATIVAS
Resumo/Abstract:
O sistema e as prácticas educativas privilexian a uns e ocultan a otres, polo que entendemos que o éxito dunha escola e unha sociedade inclusivas atoparíase en non xerar grupos hexemónicos de poder, en non facer que unhas cantas persoas deban asimilar as normas e valores de pequenos grupos dominantes.
Por iso quero ofrecer a posibilidade de prácticas educativas queer para cuestionar a educación como reprodutora de relacións e prácticas normalizadoras, entendendo as estruturas de opresión que exerce a escola. A súa introdución implica reivindicar identidades ata o momento invisibilizadas e desprezadas na educación.
Preténdese romper coas persoas que toleran a outras, co valor hexemónico que fala dos outros, coa vitimización, cos canons universais, binarios, cisheteronormativos, capacitistas, coloniais e normalizadores. Preténdese desaprender as formas de pensamento hexemónicas. Implica superar a normalización, a exclusión, a integración, a tolerancia, a clasificación das persoas en caixóns que entran dentro ou fóra do aceptado.
Recorrer ás prácticas educativas queer pode ser unha forma de analizar opresións e privilexios, así como das violencias que xeran, de educar en e para a a-normalidade, de visibilizar sexualidades e corpos actualmente invisibilizados, de entender que as identidades veñen marcadas desde arriba e pódense ir articulando coa propia vida e de salientar a paixón e o amor nas aulas. Comezamos provocando desde as prácticas educativas? Arriscámonos a facer outra educación?
Referencias bibliográficas / Webgrafía:
– Alegre Benítez, C. (2015). Pedagogías disidentes. La educación como plataforma de resistencia. Políticas, prácticas y pedagogías trans. Barcelona: Editorial UOC.
– Bello Ramírez, A. (2018). Hacia una trans-pedagogía: reflexiones educativas para incomodar, senar y construir comunidad. Debate feminista, vol 55 (pp.104-128)
– Britzman, D. (2016). ¿Hay una pedagogía queer? O, no seas tan recto. Revista de Educación nº 9 (pp 13-34).
– flores, v. (2016). Afectos, pedagogías infancias y heteronormatividad. Pedagogías transgresoras. Córdoba: bocavulvaria.ediciones.
– hooks, b. (2016). Eros, erotismo y proceso pedagógico. Pedagogías transgresoras. Argentina: bocavulvaria.ediciones.
– Ocampo, A. (Coord.) (2018). Pedagogías queer. Chile: CELEI.
– Peluso, L. (2018). Apuntes para repensar la inclusión educativa. Topos para un debate educativo nº 10 (pp. 49-55).
– Planella, J. y Pie, A. (2012). Pedagoqueer: resistencias y subversiones educativas. Educación XXI, 15 (pp 265-283).
– Sánchez Sáinz, M., Penna Tosso, M. Y de la Rosa Rodríguez, B. (2020). El mundo raro de Mermel. Madrid: CCOO
https://fe.ccoo.es/2dd86628b2043a0a81854f6d041cfbde000063.pdf
– Sánchez Sáinz, M. (2019). Pedagogías queer ¿nos arriesgamos a hacer otra educación? Madrid: La Catarata