O procedemento para formar parte da Rede Educativa de Apoio LGTBIQ+ de Galicia como persoa asociada de pleno dereito é sinxelo e está recollido nos nosos estatutos e no noso regulamento de réxime interno.
Como requisitos imprescindibles debes ser docente ou estar vinculade profesionalmente coa educación, ben sexa regrada ou non regrada. Debes compartir os fins da asociación e aceptar os estatutos e o regulamento de réxime interno.
Co obxectivo de salvagardar o carácter profesional da asociación, o procedemento é diferente se es docente de educación regrada ou de educación non regrada.
No caso ser docente de educación non regrada, a solicitude deberá facerse acompañar do curriculum vitae no que se terán en conta dous aspectos:
A Xunta Coordinadora recibirá a solicitude, analizará cada caso particularmente e daralle curso.
En ambos casos, o documento preciso para asociarse está a vosa disposición no Formulario de Adhesión.