Recoñecemento “Arcoíris” ás Boas Prácticas de Inclusión da diversidade sexual e de xénero no ámbito educativo

Despois dun curso especialmente difícil no que seguimos, pese á pandemia, desenvolvendo actividades e traballando pola visibilidade e pola inclusión da realidade LGBT no nosos centros educativos, estamos felices e orgulloses de anunciar que a Dirección General de Diversidad Sexual y Derechos LGTBi do Ministerio de Igualdade, concedeunos o RECOÑECEMENTO “ARCOÍRIS” á Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+ de Galicia por “Buenas prácticas de inclusión de la diversidad sexual y de género en el ámbito educativo“.

Mil grazas e parabéns polo traballo docente e educativo desenvolvido neste ano de existencia e desexamos que este recoñecemento ó noso traballo poida enchernos de aínda máis forza, ilusión e motivación.

28 de xuño de 2021.

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para o seu correcto funcionamento. Ao premer no botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estes propósitos.    Máis información
Privacidad