
Licenciada en Psicoloxía, especialidade de Psicoloxía Clínica. USC. Mestrado en Sexoloxía Terapia sexual e de Parella. Fundadora e Directora do Centro de Psicoloxía Sanitaria especializado en sexoloxía Con mucho gusto! en Santiago de Compostela. Realiza terapia especializada en psicosexoloxía. Imparte numerosas actividades educativas, divulgativas e formativas, para público xeral e profesionais.
Profesora e titora en prácticas externas do Mestrado oficial de sexoloxía: educación e asesoramento sexual da Universidade Camilo José Cela de Madrid.
Profesora no Mestrado de sexoloxía, orientación e terapia sexual da Universidade de Extremadura.
Colaboradora na Radio Galega. Programa Galicia por Diante, sección semanal Consellos con Sexo.
Relatora en Congresos e Xornadas de Sexología nacionais e internacionais. Directora das V Xornadas Galegas de Saúde Sexual (2015). Comité Organizador XIII Congreso Español de Sexología e VII Encontro Iberoamericano de Profesionais da Sexología (2016, Madrid).
Relatorio: A importancia da educación sexual no desenvolvemento psicolóxico e a saúde mental