Licenciada en Filoloxía Anglo-xermánica. Especialista na adquisición de segundas linguas e na elaboración de materiais didácticos. Ten diversas publicacións en revistas profesionais e é autora dunha colección de contos infantís sobre familias LGTB.

Profesora de secundaria, ten sido visible ao seu alumnado traballando na inclusión da diversidade sexoafectiva e de xénero nos seus materiais de aula, prestando asesoramento e sendo referente no seu centro para o alumnado LGTBI. Desde 2012 é presidenta da organización FLG–Associació de Famílies LGTBI de Catalunya e vicepresidenta da Federación Plataformalgtbi.cat. Foi presidenta da federación europea de asociacións de familias LGTBI (NELFA).

Foi impulsora do Programa Educativa Escuelas Rainbow. Elaborou formacións para incorporar a perspectiva de xénero no currículo. Actualmente traballa nos Servizos Educativos e é formadora e asesora de diferentes programas en centros educativos, entre eles, o programa COEDUCA’T que impulsa o Departamento de Educación da Generalitat.

Relatorio: Que precisan as Familias LGBTIQ+ do sistema educativo

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para o seu correcto funcionamento. Ao premer no botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estes propósitos.    Máis información
Privacidad