Profesor Titular no Departamento de Antropoloxía Social e Psicoloxía Social da Universidade Complutense de Madrid. Licenciado e Doutor en Antropoloxía Social pola Universidade Autónoma de Madrid. Imparte a materia Antropoloxía do xénero no Grao en Antropoloxía Social; a materia Construción cultural das diversidades sexoxenéricas e familiares no Mestrado Universitario en Estudos LGBTIQ+ e a materia transversal Xestión da diversidade, ofertada a todo o alumnado da UCM.
Foi Vicedecano de Estudantes e Extensión Universitaria e de Relacións Internacionais da Facultade de Traballo Social da Universidade Complutense de Madrid e Coordinador da Oficina de Diversidade Sexual e Identidade de Xénero da Universidade Complutense de Madrid.
Levou a cabo estancias de investigación e/ou docencia en universidades nacionais e internacionais e traballou como profesor na Syracuse University de Madrid.
É Director do Grupo de Investigación “Antropoloxía, Diversidade e Convivencia”. Realizou e publicou diversas investigacións sobre diversidade sexual.
Foi coordinador na Universidade Complutense do Proxecto europeo “ADIM Advancing in LGBT Diversity Management in the Public and Private Sector”, centrado no recoñecemento e a valoración da diversidade LGBT+ en empresas e universidades de España e Portugal. É membro do Management Committee da rede europea COST “LGBTI+ Social and Economic (in)equalities”.
Secretario da Asociación de Antropólogos Iberoamericanos en Rede. Pertence ao Instituto Madrileño de Antropoloxía, ao Instituto de Investigacións Feministas da Universidade Complutense e ao Instituto de Universitario de Estudos da Muller da Universidade Autónoma de Madrid.
Relatorio: A construción da masculinidade e a homofobia