Martina González Veiga, directora do centro de sexoloxía Con mucho gusto!

admon@conmuchogustosexologia.com, www.martinagonzalezveiga.com

 

A importancia da educación sexual no desenvolvemento psicolóxico e a saúde mental

 

Palabras Clave / Keywords: Educación sexual, saúde mental, criaturas, psicosexoloxía, trauma relacional

 

Resumo/Abstract:

O obxectivo desta intervención é a toma de conciencia de que o sexo é algo que forma parte de nós como persoas, que é algo nuclear. Nacemos cun corpo sexuado e construímos unha identidade sexual. Polo tanto, dende o momento no que percibimos o corpo dunha criatura comeza a educación sexual. As mensaxes inconscientes e conscientes, verbais e non verbais que lles transmitamos sobre os corpos, sobre os xeitos de vivirse e de expresarse, influirán na visión que constrúan as criaturas sobre si mesmas e no desenvolvemento da súa identidade sexual.

Na actualidade a ciencia ofrece cada vez máis datos sobre a vulnerabilidade do cerebro das criaturas ante a interacción e os coidados das figuras adultas e do sistema educativo. Para o desenvolvemento dun eu integrado é fundamental unha educación sexual de calidade que amose e poña en valor a diversidade sexual humana.

É vital que a escola como axente que inflúe e modela o desenvolvemento cerebral e sexual das criaturas, sexa plenamente consciente da súa influencia e se dote dos recursos necesarios para ofrecer unha educación sexual que favoreza un desenvolvemento integrado e saudable das criaturas e que preveña o trauma relacional.

 

Referencias bibliográficas / Webgrafía:

– Coll, E. (2021) Resistencia bisexual. Melusina.

– Gilbert, P. (2018) La mente compasiva. Una nueva forma de enfrentarse a los desafíos vitales. Eleftheria.

– Gómez, J. (2009) Apego y sexualidad: Entre el vínculo afectivo y el deseo sexual. Alianza Editorial.

– Gómez, J. (2018) Apego y terapia sexual: Aportaciones desde la teoría del apego. Alianza Editorial.

– González, A., Mosquera D. (2013) Trastornos disociativos. Pleyades.

– Gutiérrez, C. (2022) La revolución (a)sexual. Egales.

– Martín, G. (2016) Quiérete Mucho, Maricón. Roca Editorial.

– Platero, L. (2015) Trans*exualidades: Acompañamiento, factores de salud y recursos educativos. Bellaterra.

– Shapiro, F. (2013) Supera tu pasado: tomar el control de tu vida con el EMDR. Kairos.

– Siegel, D. J., & Bryson, T. P. (2021) El cerebro del niño: 12 estrategias revolucionarias para cultivar la mente en desarrollo de tu hijo (29th ed.). Alba.

– Taylor, S.R (2019) El cuerpo no es una disculpa. Melusina.

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para o seu correcto funcionamento. Ao premer no botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estes propósitos.    Máis información
Privacidad