Preme nas imaxes para descargar as guías.
Nesta guía recóllense propostas para reforzar a prevención, detección e actuación ante a discriminación escolar por orientación sexual nos centros educativos. Con recomendacións dirixidas a toda a comunidade educativa, desde á dirección dos centros educativos, ao profesorado, persoal non docente, alumnado e familias.
Recóllense indicadores para detectar casos de acoso escolar LGBTfóbico e para identificar se os centros escolares son espazos seguros que favorecen o respecto á diversidade sexual, familiar e á identidade de xénero.
Editada polo Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades, en colaboración co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Guía de orientación para mozas e mozos lesbianas, gais e bisexuais. Esta guía/folleto informa aos mozas e mozos lesbianas, gais e bisexuais sobre o proceso e as etapas pola que pasan a maioría das familias ao coñecer a orientación sexual dos seus fillos e fillas.
Este material pode axudar ao profesorado nas aulas para tratar este tema co alumnado e orientalo cara a toma de decisión e tamén ás familias.
O obxectivo desta guía é aportar materiais didácticos de temática LGBTIQ+ para que o profesorado poda desenvolver nas aulas actividades para evitar condutas LGBTfóbicas nas aulas.
Recolle diferentes fichas con actividades para as diferentes etapas educativas, desde Educación Infantil a Bacharelato.
Material didáctico dirixido á etapa de Educación Primaria, dividido en dous documentos, de 1º a 3º de EP e de 4º a 6º de EP. Recolle coñecementos e materiais sobre diversidade afectivo-sexual e de xénero con actividades para os diferentes niveis educativos. Inclúe realidades non contempladas nos materiais tradicionais, mostra unha variedade ampla e variada onde todos, todas e todes séntense representadxs, respectadxs e non excluídos.
Material didáctico dirixido á etapa de Educación Primaria, dividido en dous documentos, de 1º a 3º de EP e de 4º a 6º de EP. Recolle coñecementos e materiais sobre diversidade afectivo-sexual e de xénero con actividades para os diferentes niveis educativos. Inclúe realidades non contempladas nos materiais tradicionais, mostra unha variedade ampla e variada onde todos, todas e todes séntense representadxs, respectadxs e non excluídos.
É unha invitación a pensar e a escribir en femenino e en masculino cando utilizamos o computador. Trátase dunha invitación aberta en moitos sentidos. Por unha banda, diríxese ás mulleres e homes que saben que non dá o mesmo usar exclusivamente o masculino, dicindo que representa tamén o feminino,e que queren cambiar este uso da linguaxe, tan arraigado como negativo para as mulleres. Por outra banda, diríxese tamén a quenes non se expuxeron antes que esta maneira de falar e deescribir pódese e débese cambiar para nomear adecuadamente mulleres e homes na sociedade actual.
Este material recolle actividades para eliminar os estereotipos de xénero nas aulas e fomentar a cultura da igualdade; recolle unha parte teórica e diferentes exercicios prácticos para as etapas de Educación Infantil e Educación Primaria.
Esta guía está pensada para que o profesorado teñamos algunha ferramenta de traballo coa que afrontar un dos mandatos das leis educativas actuais, que nos centros escolares se recoñeza a diversidade afectivo-sexual e que as mozas e os mozos reciban unha educación na que a diversidade (todas as diversidades) percíbanse sen temores nin prexuízos, como unha riqueza, na que o respecto ás diferenzas sexa un valor principal, e onde a dignidade de todos e todas, de cada un dos alumnos e das alumnas sexa unha prioridade que xamais poida ser menoscabada.
Recolle unha serie de reflexións, informacións e ferramentas prácticas que son de moita utilidade, ademais dun glosario terminolóxico e unha lista de recursos (direccións, bibliografía e filmografía) cos que podemos enriquecer os nosos coñecementos sobre esta cuestión.
A presente guía ofrece un contido didáctico orientado ao profesorado,balumnado e familias, co fin de informar sobre a realidade da diversidade nas orientacións afectivo-sexuais e identidades de xénero.
Os obxectivos que se plantexan son o fomento do dereito a unha vida libre de violencia e o dereito de todas as persoas, independentemente da súa orientación afectivo-sexual e/ou identidade de xénero a non ser discriminadas. A guía defende que só a través da sensibilización, a visibilidade, o respecto e o aprecio da diversidade pódese erradicar o acoso escolar, especialmente o LGBTfóbico, da vida das e dos menores.
Esta guía presenta dunha maneira ordenada e clara algunas estratexias e un repertorio de posibles alternativas para superar o sexismo no uso da linguaxe, e así avanzar nunha comunicación inclusiva.
Recompila material da bibliografía citada, exemplos doutras moitas guías de linguaxe non sexista ou de múltiples artigos e materiais atopados na rede.
Esta guía pretende ser un punto de partida para a transformación da situación que vivimos nos nosos centros e está dirixida a toda a comunidade educativa: alumnado, profesorado, persoal non docente, familias e sindicatos. Aborda o tema sen medos, e na medida do posible presentando solucións.
A maiores da parte conceptual recolle estratexias para detectar e intervir ante casos de LGBTfobia, e orientacións para tratar a diversidade afectivo-sexual e de xénero nas diferentes áreas e materias, tamén ofrece un calendario de datas importantes a celebrar nos centros educativos vinculadas co colectivo LGBTIQ+.
Esta guía didáctica ten o obxectivo de servir como ferramenta para que o profesorado traballe dunha forma adecuada a diversidade afectivo-sexual e de xénero nas aulas, así como para previr a LGBTIfobia. Ofrece ferramentas e actividades para intervir en situacións de acoso na aula por este motivo.
Ten unha parte conceptual moi interesante onde se aclaran moitos conceptos vinculados coa diversidade afectivo-sexual e de xénero; a maiores mergulla noutros aspectos moi importantes a ter en conta como a diversidade familiar, a dobre discriminación das mulleres lesbianas, a interseccionalidade e a linguaxe inclusiva.
A presente guía sobre diversidade afectivo-sexual e identidade de xénero ten como obxectivo ofrecer información sobre a diversidade LGBTIQ+ e a realidade desta poboación, pois é moi importante desmontar os prexuízos que fundamentan o acoso LGBTfóbico. Pode utilizarse como referencia inicial fronte a cuestións relacionadas coa orientación afectivo-sexual e a identidade de xénero