Xogo de cartas non sexista que promove o respecto á diversidade afectivo-sexual, de xénero e familiar. Contribúe á superación dos prexuízos e estereotipos de xénero ofrecendo modelos alternativos de convivencia. A través deste xogo as crianzas aprenden que as relación familiares fúndanse no cariño, coidado e respecto.
O obxectivo do xogo é completar unha familia de seis persoas a partir de 28 personaxes diversas, polo que hai infinidade de combinacións posibles.
Idade recomendada: A partir dos 8 anos.
Idea orixinal e deseño: Juan Lilllo Simón
Ilustración e deseño gráfico: Amelia Celaya
Editorial: Lalala
O xogo serve para sensibilizar, desenvolver valores de respecto, tolerancia e traballar a diversidade familiar e de xénero. Introduce temas como novos modelos de familias, discapacidade, roles e integración. A través de 60 personaxes diversas, 12 xogos diferentes e 3 unidades didácticas crearemos, coñeceremos e descubriremos persoas e familias diversas.
Idade recomendada: Dos 3 aos 12 anos.
Idea orixinal: Eneko González Yagüe y Jose Manuel Barea Hernández
Ilustracións e deseño gráfico: Eneko González Yagüe
Editorial: Ekilikua