recursos literarios

Infantil e primaria

A historia dos bonobos con lentes

Pequeno resumo: Bonobas e bonobos vivían xuntos na fraga, mais eles tiñan privilexios dos que elas carecían. Cando as bonobas reaccionaron e reclamaron os mesmos dereitos, eles…

Idioma: galego

Editorial: Kalandraka

Nivel educativo: infantil e primaria

Autora: Adela Turín (Ilustradora: Nella Bosnia)

Información de interese: axeitado para comprender as relacións desiguais que se establecen entre o mundo feminino e o masculino

Etiquetas: álbum ilustrado, igualdade, coeducación

Artur e Clementina

Pequeno resumo: fábula que relata a historia de dúas tartarugas: Clementina e Artur que se namoran e casan. Todo é mel e felicidade, pero axiña aparecen os estereotipos sexistas que asfixian a Clementina e dos que Artur non quere ser consciente. Clementina reivindica a súa autonomía e liberdade para ser feliz.

Idioma: galego

Editorial: Kalandraka

Nivel educativo: infantil e primaria

Autora: Adela Turín (Ilustradora: Nella Bosnia)

Información de interese: axeitado para comprender as relacións desiguais que se establecen no mundo das parellas.

Etiquetas: álbum ilustrado, igualdade, mulleres, dereitos

Billy y el vestido rosa

Pequeno resumo: Billy érguese unha mañá e todo cambia, ninguén o trata como antes. Que acontece? Billy leva un vestido rosa…

Idioma: castelán

Editorial: Santillana. Lo que leo

Nivel educativo: primaria

Autora: Anne Fine

Información de interese: axeitado para xerar empatía cara á diferenza e o descoñecido.

Etiquetas: bulling, empatía, crecemento, madureza, identidade

Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes

Pequeno resumo: álbum ilustrado que nos relata as vivencias de moitas mulleres que viviron a súa vida tal e como querían vivila. Mulleres que serán referentes para todas nosoutras, mulleres rebeldes e valentes que conseguirán cumprir os seus soños

Idioma: castelán

Editorial: Destino infantil & xuvenil

Nivel educativo: 3º ciclo de primaria e 1º da ESO

Autoría: Elena Favilli e Francesca Cavallo

Información de interese:  axeitado para coñecer biografías de mulleres e visibilizar referentes femininos

Etiquetas: Álbum ilustrado, empoderamento, feminismo, mulleres

El futuro es femenino

Pequeno resumo breves relatos que mostran como as situacións cotiás que vivimos a diario as nenas e as mulleres poden servir para empoderarnos. Aprendemos o necesario que é analizar o que parece obvio.

Idioma: castelán

Editorial: Nube de tinta

Nivel educativo: 3ª ciclo de Primaria e 1º da  ESO

Autora: Sara Cano

Información de interese: axeitado para redescubrir as diferentes situacións sexistas polas que pasamos as mulleres na nosa infancia e adolescencia, ser conscientes e enfrontarnos a elas.

Etiquetas: empoderamento feminino, nenas, igualdade

Elmer

Pequeno resumo: un elefante multicolor convértese nun referente da diversidade e da pluralidade coa que nos atopamos día a día: iguais na nosa diferenza.

Idioma: galego

Editorial: Kalandraka

Nivel educativo: infantil 

Autor: David Mckee

Información de interese: acaído para recoñecer e amar a diversidade e aceptala como algo inherente á vida

Etiquetas: diversidade, diferenzas, aceptación, solidariedade

Imperfectas: 50 mujeres excepcionales que han transformado nuestro mundo

Pequeno resumo: breves biografías de 50 mulleres que desafiaron as normas impostas pola sociedade e o tempo no que viviron. Fixéronlles fronte aos roles de xénero que lles asignaron e construíron a súa vida ao redor das súas vocacións e dos seus soños. Mulleres que abriron camiño.

Idioma: castelán

Editorial: San Pablo

Nivel educativo: Primaria e 1º  da ESO

Autora: Violeta Monreal Díaz

Información de interese: axeitado para coñecermos a vida dalgunhas mulleres insólitas

Etiquetas: álbum ilustrado, feminismo, empoderamento da muller.

Mi familia es especial

Pequeno resumo: fábula de animais que nos amosa as distintas familias que poden existir e que afirma que unicamente hai algo imprescindible para crear unha familia: o amor

Idioma: castelán

Editorial: El pirata

Nivel educativo: infantil

Autora: Anna Rayo

Información de interese: axeitado para achegarse ás diversas familias

Etiquetas: familias, diversidade familiar

Paula tiene dos mamás

Pequeno resumo: Paula, rapaza que ten dúas mamás, aprende que o importante para ser feliz é o cariño e tamén  que os coidados necesarios para crecer ben non teñen xénero.

Idioma: castelán

Editorial: Bellaterra

Nivel educativo: infantil e primaria

Autora: Newman Leslea

Información de interese: axeitado  para achegarse á diversidade familiar

Etiquetas: familia, diversidade, lesbianismo

Unha chea de familias

Pequeno resumo: Mariña, protagonista do relato, descubrirá nunha expedición polo edificio no que viven, acompañada do seu pai, que cada casa é un mundo e que todos os mundos son posibles.

Idioma: galego

Editorial: Galaxia

Nivel educativo: infantil e primaria

Autor: Xosé A. Neira Cruz

Información de interese: acaído para achegarse aos diferentes tipos de familias

Etiquetas: diversidade familiar, empatía, diferenzas

Secundaria, bacharelato e ciclos formativos

22 Segundos

Pequeno resumo:  Alex, un mozo transexual, conta o seu proceso vital desde a súa infancia ata o momento actual nunha gravación que tarda en subir á rede 22 segundos. Estes segundos marcan un antes e un despois na vida de Alex, que tratará de visibilizar, en primeira persoa, as diferentes situacións e etapas das persoas que pertencen ao colectivo trans.

Idioma: Galego

Editorial: Xerais

Nivel educativo: 4º da ESO, Bacharelato e Ciclos formativos

Autora: Eva Mejuto

Información de interese: axeitado  para achegarse á complexidade da transexualidade en menores

Etiquetas: transexualidade, infancia e adolescencia, novela de formación

A cabeza da medusa

Pequeno resumo:   dúas mozas son violadas. A partir de aquí, vemos dúas maneiras de enfrontarse a esta situación de violencia e aldraxe. Unha, desde a denuncia directa e con apoio familiar e a outra con dúbidas e medo a ser sinalada e vítima dúas veces.

Idioma: galego

Editorial: Xerais

Nivel educativo: 4º da ESO, Bacharelato e Ciclos formativos

Autora: Marilar Aleixandre

Información de interese: axeitado para achegarse á violencia machista na adolescencia e a importancia da amizade e dun bo apoio familiar para denunciar e superar estas agresións.

Etiquetas: adolescencia, violación, amizade, denuncia, familia, superación, mitoloxía

Cobiza

Pequeno resumo: unha moza descobre un novo mundo na compaña de seres extraordinarios, e fará descubrimentos apaixonantes e cheos de inquedanza.  

Idioma: galego

Editorial: Xerais

Nivel educativo:  Bacharelato e Ciclos formativos

Autora: María Reimóndez

Información de interese: acaído para achegarse a un futuro pouco prometedor e que codifica e clasifica as nosas experiencias vitais. Futurismo pesimista. Primeiro premio Pinto e Maragota 2020

Etiquetas: feminismo, identidades e orientacións sexuais, ecoloxía, ciencia ficción

El azul es un color cálido

Pequeno resumo:  o relato conta as vivencias dunha adolescente que acaba de chegar a un instituto. Aí coñecerá a rapazas que entenden a vida de forma moi diversa. Clementine, a protagonista do noso relato darase conta de que hai tantas formas de vivir como persoas que viven e decatarase igualmente de que mesmo é posible ter o cabelo azul.

Idioma: castelán

Editorial: Dibbuks

Nivel educativo: 4º da ESO, Bacharelato e Ciclos formativos

Autora: Julie Maroh

Información de interese: axeitado para abordar as relacións lesbianas entre adolescentes

Etiquetas: cómic, lesbianismo, adolescencia

El violeta 

Pequeno resumo: cómic que fala sobre a persecución que se deu durante o franquismo cara ás persoas homosexuais. Os campos de concentración nos que eran illadas, humilladas e maltratadas. Campos de concentración que ninguén parece lembrar a día de hoxe. Fala tamén dos matrimonios que non eran máis que o reflexo da presión social, moral e relixiosa no ambiente irrespirable da España deses anos. Estamos en Valencia, no 1955.

O protagonista deste relato é detido e a súa detención é xustificada amparándose na lei de perigosidade social. A súa vida quedará marcada por este feito e a da súa contorna, tamén.

Idioma: castelán

Editorial: Drakul

Nivel educativo: 3º e 4º da ESO , Bacharelato e Ciclos formativos.

Autoría: Juan Sepúlveda, Antonio Mercero e Marina Cochet.

Información de interese: acaído para abordar a discriminación sufrida pola orientación sexual.

Etiquetas: cómic, homosexualidade

Estamos todas bien

Pequeno resumo: cómic que conta a historia da vida de dúas avoas (Maruja e Herminia), cuxos destinos son os achaques e a soidade. Dúas vidas vividas en condicións moi duras, reflexo da involución que sufriron as mulleres durante o franquismo. Mulleres que sacan as súas familias adiante, que son heroínas do día a día e que non atopan na súa vellez nada do que elas deron.

Narración chea de saltos temporais que  fan ver  o pasado e o presente destas mulleres.

Idioma: castelán

Editorial: Salamandra Graphic

Nivel educativo: 3º e 4º da ESO,  Bacharelato e Ciclos formativos

Autora: Ana Penyas

Información de interese: acaída para coñecer o percorrido de millóns de mulleres anónimas que coidan e sustentan a vida do ser humano.

Etiquetas: igualdade, mulleres, avoas, heroísmo cotiá

Invisibles (relatos do maltrato)

Pequeno resumo: A través de sete relatos de mulleres de diferentes idades e condición sociais nárranse as duras vivencias que están detrás dos malos tratos que representan a submisón secular da muller ao home. Experiencias, nalgúns casos, autenticamente tráxicas e baseadas en historias reais.

Idioma: galego

Editorial: Fajardo Pérez, Montserrat

Nivel educativo: 4º da ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos

Autora: Montse Fajardo

Información de interese: Coñecermos en primeira persoa as duras vivencias de mulleres vítimas de maltrato, e as consecuencias  desa situación na súa vida e na das fillas e fillos.

Etiquetas: maltrato, machismo, violencia de xénero

Mariquita

Pequeno resumo: cómic no que se  conta a infancia e xuventude dun rapaz homosexual. Está presente a homofobia e plumofobia da España dos 90. O crecemento e aprendizaxe desde unha infancia que busca a súa identidade e o logro de vivir, xa na etapa adulta, como un home feliz e abertamente gay

Idioma: castelán

Editorial: Sapristi

Nivel educativo: 2º, 3º e 4 da ESO, Bacharelato e Ciclos formativos

Autor: Juan Naranjo

Información de interese: axeitado para coñecer a crueldade da homofobia na nosa sociedade

Etiquetas: cómic, homosexualidade, relato de formación e aprendizaxe

Tránsito

Pequeno resumo: cómic que fala da transexualidade e das diversas posibilidades de vivila, da busca da felicidade e do benestar. A posibilidade de vivir a diversidade de corpos e a sexualidade desde a aceptación e a reivindicación dos dereitos inherentes a todo ser humano. Diferentes personaxes móstrannos a súa experiencia vital.

Idioma: castelán

Editorial: Edicións Bellaterra

Nivel educativo: 3º e 4º da ESO, Bacharelato e Ciclos formativos

Autoría: Ian Bermúdez (guión) e David Cantero (ilustracións)

Información de interese: axeitado para coñecer e comprender a diversidade de identidades de xénero, especificamente as identidades trans

Etiquetas: cómic, transexualidade, adolescencia

Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para o seu correcto funcionamento. Ao premer no botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estes propósitos.    Máis información
Privacidad