Traballar por un sistema educativo público, plural e diverso, promovendo as condicións coeducativas precisas para que a liberdade e a igualdade de todas as persoas que conforman as comunidades educativas sexan reais e efectivas.
Fomentar a visibilidade e defender os dereitos das persoas LGBTIQ+ así como o noso propio dereito como docentes á liberdade de cátedra.
Promover a eliminación de calquera tipo de comportamento LGBTfóbico no sistema educativo, tanto nos centros públicos como concertados e privados, dende a Educación Infantil ata a Universidade, así como en calquera actividade relacionada coa educación.
Apoiar as persoas LGBTIQ+ que forman parte das comunidades educativas, tratando de resolver as súas necesidades específicas.
Promover o traballo conxunto, a cooperación e a formación no coñecemento da realidade LGBTIQ+ de todas as comunidades educativas (responsables políticos, profesorado, alumnado, familias, ANPAS e Escolas de Familia).
Fortalecer os vínculos cooperativos entre profesorado, asociacións e colectivos LGBTIQ+ de Galicia, ademais de colectivos e asociacións doutras partes do estado e doutros países.
Esta web utiliza cookies propias e de terceiros para o seu correcto funcionamento. Ao premer no botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estes propósitos.
Máis información