Este libro expón a procura de puntos de fuga na educación formal a través das pedagoxías queer, entendidas como unha forma aberta, afectiva, estraña, curiosa e demoledora de procurar formas de fuxir da educación formal e de poder crear, dentro dela, lugares de aprendizaxe que nos atravesen, que nos fagan reflexionar sobre o noso lugar no mundo, que nos permitan ser. Percorrer as prácticas educativas queer pode ser unha forma de analizar opresións e privilexios, así como as violencias que xeran, de educar en e para a a-normalidade, de visibilizar sexualidades e corpos (actualmente invisibilizados), de entender que as identidades van rearticulándose coa propia vida e de salientar o amor e a paixón nas aulas.
Autoría: Mercedes Sánchez Sáinz
Editorial: Catarata
Data edición: 2019
Idioma: Castelán
ISBN: 9788490978290
Aínda que as leis educativas falen dunha escola inclusiva e ninguén se declare en contra, non hai dúbida de que queda moito camiño para lograr que a normalización non sexa a pauta da acción educativa. Esta guía está dirixida a aquelas persoas que queiran contribuír a que se vexa a diversidade como riqueza colectiva, non como unha razón de discriminación. Está especialmente dedicada ao profesorado de Educación Infantil e Primaria, polo seu papel fundamental na transmisión de valores e o cuestionamento de prexuízos.
Autoría: Mercedes Sánchez Sáinz, Melani Penna Tosso y Belén de la Rosa Rodríguez
Editorial: Catarata
Data edición: 2016
Idioma: Castelán
ISBN: 9788490971789
Previr as violencias machistas nas aulas é imprescindible para traballar por un mundo xusto e igualitario. A igualdade segue sendo levada ás aulas de maneira voluntaria por unha parte do profesorado que se esforza por un cambio con perspectiva de xénero que nos permita que no proceso de ensino-aprendizaxe se dea cabida á visibilización do labor das mulleres, á desmitificación do amor romántico, ás relacións en igualdade, ao respecto á diversidade en canto a identidades e orientacións sexuais, etc.
Autoría: Kika Fumero, Marian Moreno Llaneza y Carmen Ruiz Repullo
Editorial: Universitat de les Illes Balears
Data edición: 2016
Idioma: Castelán
ISBN: 9788483843413
Salir del armario é unha guía para comprender e aceptar a orientación sexual dun fillo ou unha filla e manter un diálogo construtivo. Explica como hai que comunicar que, sexa cal for a opción sexual ou de xénero, os pais e nais nunca deixarán de querela ou querelo. É un libro útil, cheo de ideas e información, e unha guía práctica para os pais e nais de nenos e nenas LGBT, así como unha referencia indispensable para educadores e educadoras.
Autoría: Anne Dohrenwend
Editorial: Omega
Data edición: 2015
Idioma: Castelán
ISBN: 9788497991506
Pepa Nolla, presidenta honorífica da Asociación de Familias contra a Intolerancia X Xénero, conta neste libro a súa traxectoria como nai dun fillo gai e como esta experiencia enriqueceu a súa vida ata o día de hoxe. O relato de Pepa entrelázase coas vivencias doutros pais e nais heterosexuais con filles LGTBI que forman parte da Asociación. Este libro está destinado a todas as persoas, familias e heterosexuais que comparten o feito de ter un ser próximo que se identificou como persoa LGBTI. Tamén ás propias persoas do colectivo interesadas en ler historias de familias hetero que viviron esta experiencia, cuxa lectura lles poida servir para abrirse e falar coa súa propia familia.
Autoría: Pepa Nolla
Editorial: Bellaterra
Data edición: 2021
Idioma: Castelán
ISBN: 9788472901841
En Familias también doce persoas narran o proceso a través do cal formaron a súa propia familia. Dunha maneira fresca, dinámica e directa expóñense as dificultades, as loitas e tamén as alegrías que as persoas LGBT (lesbianas, gais, bisexuais e transexuais) tiveron que afrontar para poder ser nais e pais. Este libro está cheo de emoción e de sentimentos, as historias que relatan son historias cargadas de humanidade e, co seu exemplo, están a contribuír a mellorar as contornas, os espazos e as persoas con quen comparten a vida.
Autoría: Vicent Borràs (Ed.)
Editorial: Bellaterra
Data edición: 2016
Idioma: Castelán
ISBN: 9788433978080
Este libro é unha compilación de voces de nais, trans e cis, non heterosexuais e/ou non heteronormativas. Titulámolo Maternidades cuir, pero tamén podería ser “Queerizando a maternidade”: estas páxinas falan de queerizar, de torcer, de tortillear, de atravesar, redefinir, cuestionar —e un longo etcétera— ese ideal de “maternidade” que nos limita e angustia. Máis que unha grande e libre, aquí hai relatos de maternidades en plural, cos nosos corpos e vidas no centro, desobedientes e incómodos con e para as normas sexoxenéricas.
Autoría: Gracia Trujillo y Eva Abril (eds.)
Editorial: Egales
Data edición: 2020
Idioma: Castelán
ISBN: 9788417319922
Barbarismos queer y otras esdrújulas é un texto colectivo que xorde da necesidade de pensar como se produce a linguaxe que usamos, cunha mirada crítica sobre como somos suxeitos, obxectos e produtores de coñecemento á vez que somos conscientes dos procesos coloniais e de asimilación nos que estamos inmersas. Ofrecemos cincuenta e tres entradas que analizan estes barbarismos, moitos deles anglicismos, e que foron realizadas por especialistas que tratan de ofrecer unha definición imperfecta e inacabada, así como unha historia do seu uso e as súas viaxes entre linguas e culturas.
Autoría: R. Lucas Platero, María Rosón y Esther Ortega (eds.)
Editorial: Bellaterra
Data edición: 2017
Idioma: Castelán
ISBN: 9788472908291
É neno ou nena? A primeira pregunta que nos formulamos fronte a un recentemente nado é a que mellor reflicte a nosa profunda convicción na inherencia e naturalidade da diferenza sexual, así como o fundamental que é o sexo na nosa concepción da identidade humana. Anne Fausto-Sterling móstranos, de forma accesible e sen perder o rigor, como a resposta é moito máis complexa e hai que buscala tanto no reino da ciencia como no da política. Este ensaio clásico examina a construción da identidade sexual na bioloxía, a sociedade e a historia contemporáneas, á vez que expón un cambio radical de paradigma na nosa forma de entender e estruturar a experiencia do ser humano.
Autoría: Anne Fausto-Sterling
Editorial: Melusina
Data edición: 2006
Idioma: Castelán
ISBN: 9788496614031
Anos despois do matrimonio igualitario, cando podería parecer que alcanzamos a igualdade para lesbianas, gais, bisexuais e transexuais, séguennos chegando noticias de agresións. As reformas legais son imprescindibles, pero non suficientes para cambiar todo un contexto cultural que segue privilexiando unha sexualidade sobre o resto. Para erradicar a violencia necesitamos reflexionar profundamente sobre ela. Só así será posible responder á pregunta clave: que podemos facer para acabar coa homofobia?
Autoría: Ramón Martínez
Editorial: Egales
Data edición: 2016
Idioma: Castelán
ISBN: 9788416491636
Este libro nace co obxectivo claro de desheteropatriarcalizar o noso relato cultural, histórico e político e de abrir as súas portas para o mundo, mesmo con contradicións. Nel reúnense distintas persoas, olladas, metodoloxías, disciplinas e temáticas acerca da cuestión LGBTIQ galega e créase, por tanto, un lugar de encontro para distintos corpos e subxectividades, dispostxs a fornecer a nosa sociedade un lugar para o rexistro, o debate e a problematización.
Autoría: Daniel Amarelo (COORD.)
Editorial: A Través Editora
Data edición: 2020
Idioma: Galego-portugués e portugués
ISBN: 9788416545452
Grazas ao feminismo todas e todos vivimos de forma máis igualitaria: no traballo e en casa, nas nosas relacións sociais e sexuais. Con todo, o feminismo quería moito máis que a igualdade entre homes e mulleres. Cando falaba de irmandade entre mulleres, quería superar as fronteiras de clase e raza, transformar o mundo de raíz. O feminismo é antirracista, anticlasista e antihomófobo ou non merece ese nome.
Autoría: bell hooks
Editorial: Traficantes de sueños
Data edición: 2017
Idioma: Castelán
ISBN: 9788494719615
Chimamanda Ngozi Adichie demostra neste elocuente e perspicaz texto que ser feminista non é cousa só de mulleres. Neste libriño, a autora nixeriana ofrece unha definición singular do que significa ser feminista no século XXI, cun estilo claro e directo, sen deixar de lado o humor, ao tempo que dá pistas de como facer deste mundo un lugar máis xusto. Adichie recorre á súa experiencia persoal, como muller residente en Lagos, e as numerosas expresións da desigualdade de xénero que se poden ver aínda a día de hoxe en todo o mundo.
Autoría: Chimamanda Ngozi Adichie
Editorial: Sushi
Data edición: 2017
Idioma: Galego
ISBN: 9788415920991
Quen eran as sufraxistas? De onde sae o feminismo radical? Por que o feminismo foi vilipendiado e ridiculizado? Por que as feministas foron tratadas de “marimachos”, feas ou mulleres sexualmente insatisfeitas? Como e onde xorde a expresión “violencia de xénero”? A partir destes interrogantes, e outros moitos, Nuria Varela repasa tres séculos de facer e desfacer o mundo, de alumar teorías, propostas e liderados fascinantes, e narra a aventura dunha axitación social que ningún outro movemento conseguiu manter durante tanto tempo.
Autoría: Nuria Varela
Editorial: B de Bolsillo
Data edición: 2019
Idioma: Castelán
ISBN: 9788413140803
Teoría King Kong é un dos grandes libros de referencia do feminismo e da teoría de xénero, un incisivo ensaio no que Despentes comparte a súa propia experiencia para falarnos sen ambaxes nin concesións sobre a prostitución, a violación, a represión do desexo, a maternidade e a pornografía, e para contribuír ao derrube dos cimentos patriarcais da sociedade actual.
Autoría: Virginie Despentes
Editorial: Literatura Random House
Data edición: 2018
Idioma: Castelán
ISBN: 9788439733850
Bisexualidades feministas afirma e celebra a identidade bisexual como potencia política e activismo identitario. É un punto de encontro cunha multiplicidade de voces que habilitan e acompañan unha construción propia, íntima, e iso, sen esaxerar, pódelle salvar a vida (sexual) a máis dunha rapaza e non tan rapaza. Porque lle pon nome ás identidades eróticas e amorosas máis aló da trama heterosexual, cis e monosexista da sociedade patriarcal.
Autoría: Laura Arnes [et al.]
Editorial: Madreselva
Data edición: 2019
Idioma: Castelán
ISBN: 9789873861314
A bisexualidade é con toda seguridade a sigla máis invisibilizada dentro dos colectivos e movementos LGTB, aínda sendo probablemente a maioría cuantitativa. O feito de que a súa existencia mesma sexa obxecto de debate é a proba máis palpable de que ás diferentes organizacións activistas quédalles traballo por facer neste sentido. Esta invisibilidade, xunto a outras formas de violencia física ou simbólica, é estudada e combatida baixo un nome: bifobia, discriminación ou opresión cara ás persoas bisexuais.
Autoría: Ignacio Elpidio Domínguez Ruiz
Editorial: Egales
Data edición: 2017
Idioma: Castelán
ISBN: 9788416491957
Isto non é un libro. É un interruptor. Un dispositivo que corta a corrente. E que á vez permite que algo se poña en marcha, que algo se acenda. Ao autor gustaríalle que a lectura deste libro supuxese un “clic”, un chispazo que interrompese unha cadencia de merda, unha baixada de tensión no movemento LGTBQ que debe rematar canto antes. E que se acendese outra forma de facer as cousas e de comportarnos como maricas, lesbianas e trans fronte á sociedade e as propias tendencias involucionistas.
Autoría: Paco Vidarte
Editorial: Egales
Data edición: 2007
Idioma: Castelán
ISBN: 9788488052520
Neste percorrido preciso e sistemático pola historia recente do lesbianismo español, autoras da máis diversa procedencia, cun background intelectual e emocional que converxe exclusivamente na súa condición de mulleres lesbianas nunha contorna suxeita ás transformacións que implicaron a transición democrática e unha nova lexislación menos nociva para o homosexual, reflexionan sobre o pasado e futuro do lesbianismo detallando os procesos de maduración dunha militancia autodidacta e subterránea que empeza por fin a asumirse e a dar froitos no escenario social e xurídico. Un texto pioneiro no conxunto de estudos de xénero que dá voz a unha colectividade habitualmente silenciada e sistematicamente ignorada.
Autoría: Raquel (Lucas) Platero (coord.)
Editorial: Melusina
Data edición: 2008
Idioma: Castelán
ISBN: 9788496614383
Lesbianas. Así somos é un libro que quere abordar unha realidade que aínda hoxe en día segue sendo bastante descoñecida: a das mulleres lesbianas. Como somos, como vivimos, como nos percibimos a nós mesmas, que nos gusta e que non nos gusta, cando e como descubrimos que amamos a mulleres, como son as nosas relacións de parella, como formamos familias, onde traballamos, que produtos e servizos lesbian friendly existen, con que referentes de mulleres abertamente lesbianas contamos na historia e na actualidade, como vemos o noso futuro como mulleres e como lesbianas, etc.
Autoría: Marta Fernández Herraiz y Kika Fumero
Editorial: LoQueNoExiste
Data edición: 2018
Idioma: Castelán
ISBN: 9788494860379
Masculinidad femenina é un clásico dos estudos queer. Judith Halberstam realiza neste libro un itinerario apaixonante polas diferentes formas de masculinidade que foron desenvoltas polas mulleres no últimos tres séculos: desde as mulleres que vivían facéndose pasar por homes nos séculos XVIII e XIX, ata as novas culturas actuais transxéneros, drag kings, transexuais masculinos, pasando polo estudo de importantes subculturas lesbianas como a cultura butch-femme e a análise da masculinidade feminina no cinema.
Autoría: Judith Halberstam
Editorial: Egales
Data edición: 2008
Idioma: Castelán
ISBN: 9788488052643
Un encontro salvaxe entre o feminismo e a dildotectónica, entre a filosofía postestructural e un cómic manga, entre a acción política e a ciencia ficción. Filosoficamente preciso e hilarante, o Manifiesto Contrasexual foi aclamado pola crítica francesa como un clásico do pensamento para o século XXI. Un libro imprescindible para entender os debates contemporáneos ao redor das políticas feministas, queer e transxénero.
Autoría: Paul B. Preciado
Editorial: Anagrama
Data edición: 2016
Idioma: Castelán
ISBN: 9788433978080
Neste libro relata o seu proceso de transformación de Beatriz en Paul B., onde as hormonas e o cambio de nome legal son tan importantes como a escritura. Ademais, Preciado analiza outros procesos de mutación política, cultural e sexual, abordando temas diversos, como o procés catalán, o zapatismo en México, a crise grega, a América de Trump, as novas formas de violencia masculina, a apropiación tecnolóxica do útero, a figura de Assange, o traballo sexual, o acoso a nenos trans, etc. Libro valente, transgresor e necesario que parte dunha experiencia persoal para cuestionar os fundamentos da sociedade actual.
Autoría: Paul B. Preciado
Editorial: Anagrama
Data edición: 2019
Idioma: Castelán
ISBN: 9788433998767
Neste libro ilustrado explicamos o xénero como unha construción social que regula as diferenzas e desigualdades entre mulleres e homes e que supón a exclusión das persoas trans, intersex, gais, lesbianas e bisexuais. Ao longo destas páxinas amosamos as presións, as violencias e os discursos que establecen as normas de xénero e que moldean as nosas vidas.
Autoría: Gerard Coll-Planas y María Vidal
Editorial: Egales
Data edición: 2013
Idioma: Castelán
ISBN: 9788415574972
O relato máis popular sobre a transexualidade sinalou que o noso malestar reside no noso corpo e a solución é transformalo. Con todo, outras voces quixeron impugnar ese relato con novas preguntas: e se a orixe do noso malestar non estivese no noso corpo, seguiría estando no corpo o remedio? Atopar unha resposta a estas cuestións é un exercicio colectivo que leva décadas forxándose. Este libro é parte deste exercicio, da batalla por gañar o relato sobre a orixe do malestar das persoas trans e así desprazar o discurso do corpo equivocado para colocar outra proposta. Ou, dito doutro xeito: estes corpos nosos, que nos dixeron que estaban equivocados, queremos reconquistalos.
Autoría: Miquel Missé
Editorial: Egales
Data edición: 2018
Idioma: Castelán
ISBN: 9788417319366
Este libro proponse como un instrumento para o cambio social e utiliza o termo trans*, con asterisco, para subliñar a diversidade das vivencias das persoas que exceden as normas sobre o que se prescribe como propio de mulleres e homes, evidenciando a rixidez do sistema binario no que vivimos. Propóñense estratexias concretas, como unha serie de factores de saúde que inciden na calidade de vida, así como a prevención e intervención comunitaria sobre a transfobia. A segunda parte do libro ofrece ferramentas prácticas e pechan o libro algúns recursos recomendados (películas, curtas, libros) e un glosario de termos.
Autoría: Lucas R. Platero
Editorial: Bellaterra
Data edición: 2014
Idioma: Castelán
ISBN: 9788472907102
Transfeminismo o barbarie é un achegamento ás loitas transfeministas, así como unha resposta plural e colectiva aos ataques tránsfobos que renacen na actualidade no seo de certos sectores políticos e tradicionalmente denominados feministas. É importante que estas realidades -que non terían que supoñer xa hoxe ningunha problemática-, sexan entendidas socialmente e, en consecuencia, apoiadas. Para iso, quince voces, referentes e diversas, reunidas neste volume escribiron sobre a loita feminista non excluínte e, nalgúns casos, tamén acerca das tan desprezadas e conceptualmente desvirtuadas -por algúns sectores- teorías queer.
Autoría: VV AA
Editorial: Kaotica libros
Data edición: 2020
Idioma: Castelán
ISBN: 9788412212921